Somos un grupo de profes, que á marxe do traballo da titoría, pensabamos en facer "algo" distinto co alumnado de Primaria. Ese " algo" transformouse en todo un Proxecto que contribúe á organización, mellora e desenvolvemento das actuacións educativas a nivel xeral. Queres saber algo máis? Pois atende.
Queremos ensinarte como funciona o cole, como é o noso día día, como o alumnado é partícipe de forma activa na organización e funcionamento do mesmo.
O grupo azul de Saudadores recíbenos cada mañá cun animoso saúdo e organiza as subidas ás aulas tanto na entrada ás 9:00h como na subida do recreo. Mira un exemplo:
Non podemos esquecer que este grupo se interesa polos nosos aniversarios e ademais nos felicita, cada día. Mira cantos aniversarios hai en maio!.
O grupo de Bosque, é o máis verde de todos!, explícanos que é iso de reciclar e como o temos que facer nas aulas.
Xa non vos conto a recollida de lixo que fixeron na praia para que vexamos a importancia de manter limpo o planeta.
O grupo branco de Acolledores inspíranos moita relaxación pois son uns expertos no tema. Van polas clases, incluído infantil, para ensinarmos a relaxarnos e gozar dun día o máis tranquilo posible. Molan un montón.
Ademais son moi riquiños porque se ven algún neno ou nena novo cando xa comezou o curso, eles van co seu peto branco e lles ensinan todo o cole. É dicir, dalles a benvida.
Os compoñentes do grupo de Xogos, un grupo moi amarelo, tamén son magníficos pois custodian os xoguetes e material lúdico-deportivo que podemos usar durante o recreo. Teñen grandes ideas xa que organizan xogos, pensan en novos proxectos, pregúntannos que queremos ou necesitamos, realizan os empréstitos do material desde o seu recuncho...
Enquisa sobre "Que precisa o noso patio"? |
I Campionato "Dutchball" |
Que ben!!!!!!!!!!!
ResponderEliminar